Inicio

Itzulges é unha aplicación que ofrece unha nova forma de xestionar as traducións. A través dela podemos recoller, realizar, corrixir e enviar as traducións dunha forma áxil e cómoda. Como é unha aplicación en liña, pódena utilizar ao mesmo tempo o persoal da empresa e os tradutores/as externos/as e, grazas a iso, as memorias de tradución xestiónanse, compártense e socialízanse con eficacia.

Ademais, é unha ferramenta útil para acadar que o persoal da empresa, concello, etc. poida redactar e traballar en máis dunha lingua xa que con esta aplicación tradúcense textos, consúltanse textos traducidos, consúltase a memoria e o dicionario de cada entidade, pódense enviar textos para corrixir, etc.

Ofrece moitas máis función que outras aplicacións que hai hoxe en día no mercado a un prezo realmente competitivo: menos de 24 euros por traballador/a e ano (ver as tarifas na pestana inferior).

Máis información: Vídeo